docus



Extranet

extra

A Xuventude Galicia Net pon a disposición de todos os públicos a Extranet. É a outra gran maneira de facerte partícipe deste evento se non che interesa estar tres días na intranet.

É de acceso totalmente libre, gratuíto e con contidos para toda a familia. Situada habitualmente no vestíbulo do Palacio de Congresos, este ano ampliamos a zona ao recinto exterior: unha carpa de 600 metros cadrados ocuparase de que a choiva non poida estropear a diversión.

Baixo esta gran carpa, habilitaremos diferentes espazos de ocio:

  • Futbolín humano: Unha das novidades deste ano é a instalación dunha zona onde os máis futboleros poidades xogar ao futbolín cos vosos propios pés. 
  • Toro mecánico: Para os máis atrevidos, nesta undécime edición non nos esquecemos do toro mecánico que tanto lle gusta aos usuarios.
  • Zona de Consolas: Poderedes desfrutar dos videoxogos máis punteiros, xa que se instalarán decenas de Wiis, Xbox 360 e Playstation 3 para o desfrute de todos os gamers.
  • Obradoiros infantís: Globoflexia e o Maquillaxe de fantasía.
  • Globos e Piruletas para todos


Ademáis da carpa, a gran novidade deste ano é a instalación dunha zona de paintball. Para combatir nesta 'guerra' tan só é necesario levar o sentido de supervivencia agudizado, do equipamento xa nos encargamos nós. É totalmente de balde, así que todos aqueles interesados en entrar en combate deberán merodear pola extranet.

No interior do Palacio de Congresos tamén se realizarán actividades lúdicas para todos os públicos. Impartiranse clases de defensa persoal, e todos aqueles que se deixen caer por alí, asistirán a exhibicións e clases de Esgrima Europea antiga. Tamén se proxectará unha película de animación da productora Filmax, para todos aqueles nenos amantes do cine.

Coma todos os anos, os stands formarán parte do contido da extranet. Este ano, Galicia Dixital (cunha pantalla en 3D), e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado se deixarán ver por alí.

Durante o transcurso da Xuventude Galicia Net, sortearanse na extranet decenas de premios entre os asistentes ao evento. Os usuarios da intranet, poderanse facer partícipes destes sorteos mediante o número de participante, e o resto do público que asista á extranet recibirá rifas de balde. Todos os premios da extranet, consolas, videoxogos e material electrónico, así como os premios dos concursos desputados na intranet durante os tres días, entregaranse o domingo, 28 de marzo.

 
22/03/2010
Aumento de prazas para asistir á Xuventude Galicia Net 2010!

Para todos aqueles que vos quedastes sen praza, esta é a vosa oportunidade! A Xuventude Galicia Net 2010 aproxímase, e a falta dunha semana queremos ofrecervos unha última oportunidade para asist [ ... ]


11/03/2010
Arrancamos coa nova páxina da Xuventude Galicia Net!

Dende este espazo, irémosvos anunciando todas as novidades Nesta páxina, ademáis, poderedes apuntarvos aos obradoiros. Este ano son de balde e están abertos a todos os públicos!

Botádelle unha  [ ... ]


Mais na Extranet

    Traduce a Web

    English Dutch French German Italian Portuguese Romanian Russian Spanish Catalan Galician Irish

    Colaboradores






    cc




    Organiza

    abaixo