docus


INTRANET
A intranet é o espazo no cal os usuarios da Xuventude Galicia Net colocan os seus ordenadores persoais e desfrutan dunha conexión a internet de alta velocidade.
40 quilómetros de cable percorrerán o espazo inferior do Palacio de Congresos para darlles aos usuarios unha conexión de área local de 1 xigabit. A ilusión, as ganas, e os datos compartidos dos participantes constitúen o resto. Durante os tres días que dura o evento, disputaranse multitude de torneos e concursos na intranet, e os premios aos gañadores entregaranse o día 28.

Os usuarios da intranet, disporán dun espazo habilitado para o descanso na parte superior do Palacio de Congresos. Así mesmo, tamén poderán facer uso das duchas do estadio de San Lázaro, próximo ás instalacións do Palacio de Congresos.
 

Traduce a Web

English Dutch French German Italian Portuguese Romanian Russian Spanish Catalan Galician Irish

Colaboradores






cc




Organiza

abaixo