docus


Imprimir

CONCURSOS

Os concursos a altas horas da madrugada xa son todo un clásico da Xuventude Galicia Net. Esta undécima edición propoñémosvos novos concursos, pero non nos esquecemos dos máis incrustados na memoria colectiva.

Dobraxe de vídeos frikis
Nós darémosvos un vídeo sen audio, e vos poñeredes o resto. Se pensades que seriades uns bós guionistas, poñédevos a proba ideando un diálogo orixinal.

Foto XGN
Premiarase a mellor foto da Xuventude Galicia Net. Ten que ser orixinal e resumir o significado da party. A fotografía non pode estar editada con programas de tratamento de imaxes, e debe estar íntegramente tomada durante o evento.

Fotomontaxe XGN
Premiarase ao mellor fotomontaxe con temática sobre a Xuventude Galicia Net. Está permitido o uso de programas de tratamento de imaxes.

Vídeo XGN
Premiarase ao mellor vídeo da Xuventude Galicia Net. A duración máxima será de 5 minutos, e poderá estar tratado con programas de edición de vídeo. O único requisito é que as imaxes utilizadas estean gravadas íntegramente durante o evento.

Parecidos ranozables
¿Tes un amigo friki que é igualiño a Jim Parsons? Ésta é a túa oportunidade de presentalo en sociedade. Buscade parecidos razonables con xente famosa, e nós premiaremos o mellor.

Deseño do logotipo da 'party'
Mediante o uso de programas de edición fotográficos, propoñémosvos que diseñedes un novo logotipo para a 'Xuventude Galicia Net'. Se nos gusta, quizáis o usemos para o ano que vén.

Deseño 2D
Premiarase o mellor deseño en 2D. O concurso é de temática libre.

Deseño 3D
Premiarase o mellor deseño en 3D. O concurso é de temática libre.

Lanzamento de CD
Cada un dos interesados en participar deberá acudir co seu propio CD.

 

TORNEOS


Este ano, desputaranse os seguintes torneos:

Counter-strike 1.6
Starcraft
Trackmania Nations forever
Fifa
Call of Duty 4
 

Traduce a Web

English Dutch French German Italian Portuguese Romanian Russian Spanish Catalan Galician Irish

Colaboradores






cc




Organiza

abaixo